Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten ao festival solidario de ALUCEM
As actividades celebráronse na Mosqueira, e contaron coa participación de grupos locais
Arroxo: ”continuamos a tender a man ao tecido asociativo de Lugo para visibilizar as distintas accións nun espazo como a Mosqueira”
Lugo, 22 de setembro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron esta mañá as actividades das II Xornadas de Esclerose Múltiple organizadas pola asociación ALUCEM, xunto co presidente da asociación, José Ignacio Gastán. Rubén Arroxo destacou que “desde o Goberno de Lugo traballamos para dar visibilidade ao tecido asociativo local, e esta actividade na Mosqueira permitirá que ALUCEM achegue as súas accións á veciñanza”.
A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou que esta actividade “é unha nova oportunidade para que a veciñanza descubra a enorme calidade das agrupacións musicais de Lugo”, e engadiu “ao mesmo tempo, as persoas asistentes terán a oportunidade de coñecer a gran labor social que realiza ALUCEM”.
As II Xornadas de Esclerose Múltiple organizadas por ALUCEM contaron con distintas actividades, e remataron hoxe co festival solidario ‘Empatiza 2022’ na Praza Mosqueira.