Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reciben a David Fiuza, novo director da Banda e da Escola Municipal de Música

Maite Ferreiro explicou que “a incorporación definitiva producirase no menor prazo de tempo posíbel”

A edil de Cultura e o Tenente de Alcalde destacaron “o compromiso do Concello de Lugo coa mellora da nosa Banda e Escola de Música”

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reciben a David Fiuza, novo director da Banda e da Escola Municipal de Música

Lugo, 15 de marzo de 2021. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantiveron na mañá de hoxe unha xuntanza co novo director da Escola e da Banda Municipal de Música, David Fiuza. Na xuntanza, os edís deron a benvida ao novo director.

Maite Ferreiro destacou que “a banda de Lugo, que conta con máis de 140 anos de historia, e nos vindeiros meses retomará a súa actividade ao ter cuberta a praza de Dirección”.A edil de cultura agradeceu “a implicación das integrantes da Banda Municipal e o traballo feito dende o departamento de persoal do concello de Lugo no proceso selección de dirección para a Banda e a Escola Municipal de Música”

A última proba do proceso selectivo realizouse na mañá do sábado 13, e consistiu en dirixir un concerto da banda. Previamente, os aspirantes realizaron unha proba de orquestración e análise de partitura, e a proba teórica. Durante o proceso de selección tomáronse todas as precaucións indicadas nos protocolos de prevención da COVID-19.

 

David Fiuza

O novo director da Banda Municipal, David Fiuza (Vila de Cruces, 1985), conta cunha ampla experiencia no posto de dirección, sendo titular da dirección nas bandas de Lalin e Gran Canaria. A maiores, foi director convidado da Banda Municipal da Coruña, Banda Artistica de Merza, Banda Sinfónica Municipal de Madrid, Banda Municipal de Palma de Mallorca, Banda Municipal de Santiago de Compostela, Banda Municipal de Pontevedra, Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Orquestra Xove Vigo 430, Orquestra Armónica de Buñol, Banda da Unión Musical de Meaño e na Orquestra Simfónica da Companhía Portuguesa da Opera. Ademais, conta con experiencia como profesor en múltiples escolas de música, e colabora en accións formativas co conservatorio de música de Lugo.

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reciben a David Fiuza, novo director da Banda e da Escola Municipal de Música