Rubén Arroxo presenta os Infobuses Virtuais instalados en todas as paradas do bus urbano

Rubén Arroxo

Rubén Arroxo: “todas as veciñas e veciños poden ter información en tempo real desde o móbil”

Todos os paneis informativos contan cun código QR que, escaneándoo, ofrecerá información sobre a parada na que se atopan

 

Rubén Arroxo presenta os Infobuses Virtuais instalados en todas as paradas do bus urbano

Lugo, 04 de xuño de 2021. O Tenente de Alcalde e responsábel de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou que todas as paradas de bus contan con sistemas de información en tempo real sobre. Rubén Arroxo explicou que “ademais das pantallas informativas instaladas en máis de 20 paradas, e das pantallas do interior dos buses, poderemos contar con información en tempo real en cada unha das paradas”.

Para acceder a este sistema, deberase escanear o código QR habilitado en cada un dos infobuses, que abrirá unha páxina coa información en tempo real da parada. O Tenente de Alcalde destacou que “todas as persoas que queiran usar o bus urbano poderán saber canto tempo falta para que chegue a seguinte liña desde calquera parada da cidade”.

O sistema de seguimento en tempo real entrou en funcionamento xunto coas novas liñas, o día 1. Tanto as novas pantallas informativas, que dan información en tempo real, como o sistema de infobus virtual están xa a informar sobre o paso dos vindeiros buses, e co paso dos días mellorarase a precisión da información ofrecida.

Rubén Arroxo presenta os Infobuses Virtuais instalados en todas as paradas do bus urbano