O San Froilán 2021 contará con máis de 50 grupos e artistas de Lugo
Maite Ferreiro e Rubén Arroxo presentaron os grupos locais que tocarán na gran festa do outono galego
Xisco Feijóo e Manel únense ao programa do San Froilán
Lugo, 29 de setembro de 2019. A Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, e o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentaron no día de hoxe aos grupos de Lugo que, segundo indicou, "serán protagonistas nesta edición da gran festa do outono galego". Ferreiro indicou que tocarán "nos grandes escenarios e tamén noutros emprazamentos, como nos distintos pasarrúas a organizar durante a semana. Maite Ferreiro destacou a "variedade de estilos para que estas sexan as festas de todas e todos os lucenses". A edil de Cultura presentou tamén os concertos de Manel e Xisco Feijóo, que terán lugar o martes 12 na Horta do Seminario e o día 5 en Santa María.
Manel chega a Lugo desde Barcelona cos seus temas que mesturan o pop coa música tradicional catalá. Destacan polo seu atractivo directo e as súas cancións sinxelas con letras moi traballadas. Desde o ano 2007 publicaron 5 discos, cos que gañaron distintos premios.
Xisco Feijoo ten experiencia como cantante, bailador, coreógrafo e presentador de televisión. É mestre da ETRAD de Vigo e coordinador da sección de canto da Orquestra Folk SonDeSeu. Chega ao San Froilán despois de lanzar o seu propio disco, PEIXE, froito dun incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de 30 anos e colaborando en máis de 20 discos e espectáculos de artistas de proxección internacional.
Concertos grupos de Lugo San Froilán 2021
ESCENARIO PRAZA SANTA MARÍA 20:00 H
(concertos principais comezan ás 21:00 h)
DÍA |
GRUPO |
4 |
WEALMAN |
5 |
NEBRA |
6 |
ABYA YALA |
7 |
HAENSELUS |
8 |
LOS ZORROS |
9 |
BIG MIND |
11 |
GALYRION |
12 |
FILOPHOBICAS |
ESCENARIO PRAZA SANTA MARÍA 13:00 H
DÍA |
GRUPO |
5 |
MR HATAWAY |
9 |
MAN DE SANTO |
12 |
LAGARTO ZULÚ |
ESCENARIO PRAZA HORTA DO SEMINARIO 13:00 H
DÍA |
GRUPO |
5 |
HOLY DAMN |
9 |
PATUK BAND |
10 |
RACHEL AND THE BLUE BATONS |
12 |
BANDA BESTIAL |
ESCENARIO PRAZA HORTA DO SEMINARIO 21:00 H
(concertos principais comezan ás 22:00 h)
DÍA |
GRUPO |
4 |
INFRARROJA |
5 |
CONDUCTO COLOQUIO |
8 |
THE CORPORATION |
10 |
TRINITÁ |
11 |
PROYECTO VALLEY |
12 |
MILESIOS |