“As veciñas e veciños disfrutarán en breve dunha nova praza do Sgdo Corazón” dixo Rubén Arroxo

O Tenente Alcalde informou sobre as melloras no firme e a na iluminación ademais da reforma de accesos e das barandas existentes na zona

A actuación conta cun investimento de 86.020€ e está na liña, seguida pola Tenencia de Alcaldía, de mellorar os barrios da cidade

“As veciñas e veciños disfrutarán en breve dunha nova praza do Sgdo Corazón” dixo Rubén Arroxo

ugo, 14 de decembro de 2021. O Tenente – Acalde, Rubén Arroxo, e o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron a obra de humanización da praza do Sagrado Corazón. “Desde a área de Mobilidade e Infraestruturas poñemos en marcha esta obra  de humanización para dar continuidade ao traballo realizado tras a instalación do novo ascensor” detallou o Tenente Alcalde que se reuniu con responsables da obra durante a súa visita.

 

Esta obra está a ser executada pola área de Mobilidade e Infraestruturas urbanas para garantir as boas condicións dos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. O edil Alexandre Penas explicou os detalles, “mellorarase o firme da praza e a súa iluminación, o que converterá este lugar nun espazo máis  aberto e amábel coas persoas” subliñou o concelleiro “e comunicará a praza co ascensor recentemente inaugurado”

 

O proceso conta cun orzamento municipal de 86.020 €, nun prazo de execución de 3 meses. Para a área de Infraestruturas Urbanas, os barrios teñen que ter as atencións necesarias. Alexandre Penas indicou que “podemos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas”. Coa renovación do alumeado público avanzarase na implantación de luminarias LED, que contan con consumos inferiores ás luminarias instaladas actualmente, e terán unha tonalidade máis agradable que a actual.

“As veciñas e veciños disfrutarán en breve dunha nova praza do Sgdo Corazón” dixo Rubén Arroxo