O Vello Cárcere acolle unha nova exposición do artista local Manuel López Liz

Maite Ferreiro destacou “as capacidades do Vello Cárcere como espazo para que o tecido cultural local mostre a súa obra”

A mostra poderá visitarse na primeira planta ata o 10 de xaneiro de 2022

O Vello Cárcere acolle unha nova exposición do artista local Manuel López Liz

Lugo, 10 de novembro de 2021. A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua visitou a nova exposición do Vello Cárcere, que reúne pezas de madeira realizadas polo artista local Manuel López Liz.

 

Maite Ferreiro destacou a capacidade do Vello Cárcere e do resto de instalacións culturais de Lugo como “espazos para que as persoas que conforman o tecido cultural de Lugo poidan expoñer a súa obra a todas as veciñas e veciños”.

 

A exposición de Manuel López Liz consta dunha serie de pezas talladas en madeira de carballo e castiro, talladas e decoradas seguindoa técnica da pirografía.

 

A mostra poderá visitarse na primeira planta do Vello Cárcere ata o 10 de xaneiro de 2022. 

O Vello Cárcere acolle unha nova exposición do artista local Manuel López Liz