O BNG-AA demanda a consolidación das pilastras da ponte de Ombreiro

O BNG-AA demanda a consolidación das pilastras da ponte de Ombreiro

IMG_8204Rubén Arroxo afirmou que se poderían aproveitar as obras para unha ampliación da calzada que permitise o paso de dous vehículos en paralelo

Xunto cun grupo de veciñas e veciños o voceiro do BNG escenificou o cruce do río en batuxo porque “será a única solución dentro de pouco, se cae a ponte”

IMG_8193IMG_8197Lugo, 1 de xullo 2016. Rubén Arroxo demandou que se acomentan as obras necesarias para consolidar as pilastras da ponte sobre o río Miño que une as parroquias de Ombreiro e Bocamaos. A estructura dos pilares que soportan a ponte sufriron danos nas últimas enchentas do río. Ademais dos danos na estrutura da ponte, tamén están seriamente deteriorados os balados existentes nos laterais da ponte.

Ademais da inmediata reparación das pil  astras da ponte que perderon pedras, quedando afectada a súa estrutura, o voceiro do BNG-AA afirmou que se poderían aproveitar as obras para unha ampliación da calzada que permitise o paso de dous vehículos en paralelo. Está ponte soporta o paso de moitos vehículos, moitos deles de gran tonelaxe, debido as extraccións de madeira que se fan na zona.

Arroxo participou nun acto reivindicativo cun grupo de veciñas e veciños. O  concelleiro nacionalista cruzou o río nun batuxo anticipándose ao que pode ser o futuro de toda a veciñanza se non se toman medidas ao respecto e sinalou que “esta será a única solución dentro de pouco, se cae a ponte”

O BNG-AA demanda a consolidación das pilastras da ponte de Ombreiro