O BNG PROPÓN QUE OS REMANENTES DOS ORZAMENTOS SE INVISTAN NAS PERSOAS
Os nacionalistas piden que goberno municipal destine 850.000 á emerxencia social, alugueiro de vivenda e fomento do emprego
Antón Bao dixo que o BNG ten a obriga de esixir ao goberno municipal e ao PSOE que pense co lóbulo esquerdo
Lugo, a 13 de xuño de 2013. O BNG presentaralle ao goberno municipal de Lugo unha proposta para investir unha parte dos 2,4 millóns de euros cos que conta o Concello procedentes dos remanentes doutros exercicios orzamentarios. Antón Bao informou que os investimentos aos que se adicarán estes remanentes celebrarase o vindeiro día 27 de xuño dixo que o BNG presenta propostas claras e concretas e hai que dedicar estes cart´s á xente. Os nacionalistas plantexan un Plan de Emerxencia Económica, destinado a fomentar e protexer o emprego e a viabilidade das pequenas empresas e autónomos. Outra das propostas do BNG é un Plan de Emerxencia Social para garantir a cobertura das necesidades básicas das persoas. Paz Abraira explicou que o BNG demandará que se amplíe o plan de axudas ao alugueiro de vivenda.
Antón Bao lembrou que o BNG xa anunciara que ía a plantexar estas propostas despois de que o Pleno do Concello aprobara, co voto en contra dos nacionalistas, destinar 600.000 dos remanentes a mercar accións da Sociedade Anónima Deportiva que constituirá o CD Lugo. As propostas do BNG, para que o goberno do concello inclúa no plan de investimentos, estarán divididas en dous eixos fundamentais e supoñen un montante económico total de 850.000 . Por unha banda os nacionalistas pedirán a creación, con 600.000 , do que Antón Bao definiu como plan de emerxencia económica e por outra banda esixirán que se destinen fondos, un total de 250.000 , aos servizos sociais e a incrementar a bolsa de alugueiro de vivenda.
Antón Bao dixo que temos a obriga de esixir ao goberno municipal e ao PSOE que pense co lóbulo esquerdo e en galego. Para o voceiro do BNG no concello de Lugo non se pode continuar na rutina dos goberno que unicamente tiñan como obxectivo fundamental facer obras, agora hai que gobernar pensando na xente e nas súas necesidades. Bao dixo que, neste momento, o goberno municipal está sen latexo político, nun corazón que ten que estár á esquerda, para tomar determinadas decisións. O BNG fai propostas en positivo pero se non aceptadas o goberno encontrarase co BNG en fronte. Bao desexou que disfruten do Arde Lucus pero dixo que ao día seguinte o goberno debe de estar traballando para sacar estas propostas adiante xa que imos esixir un traballo continuo e diario para que se cumpran por que esto non son brindis ao sol .
Plan de Emerxencia Económica
Antón Bao dixo que o plan de emerxencia económica proposto polo BNG ten como obxectivos crear emprego e evitar a súa destrución, axudar á pequena empresa e ás persoas que viven do autoemprego para manter a súa actividade. Bao, que cifrou en 600.000 a cantidade que o concello debe destinar a este plan, sevirá para dinamizar economicamente a actividade empresarial, na medida das posibilidades do concello, xa que a xunta nada está facendo. O plan de emerxencia económica divídese en catro eixos fundamentais:
- Axudas á contratación de traballadores e traballadoras para empresas existentes ou de nova creación
- Axudas directas, a partir de determinados criterios, a empresas xa exitentes. Estas axudas irán destinadas a cubrir a falta de liquidez de pequenas empresas e autónomos.
- Axudas para que empresas lucenses impulsen proxectos de rehabilitación e adecentamento no espazo urbano e na zona rural do concello de Lugo. Bao explicou que este plan de adecentamento promoverá a actividade empresarial en diferentes sectores empresariais, servirá para manter e crear postos de traballo e redundará nunha mellor conservación dos edificios e explicou que vemos como un dos efectos da crise é a constante aparición de expedentes de ruina polo abandono de edificios.
- Axudas para a creación de plans de formación de desempregad@s. A Xunta reduciu os recursos para formación de persoas desempregadas e marcou os 30 anos como fronteira para que a xente poida acceder aos plans de formación. Con esto a Xunta consegue sacar xente nova das listas do paro e así maquillar os datos, segundo Antón Bao. Estes plans de formación deberán ser desenvoltos polos sindicatos que xa contan coa infraestrutura e a experiencia para desenvolvelos.
Plan de Emerxencia Social
A concelleira do BNG, Paz Abraira, explicou a proposta de investimentos en materia social. Este plan é necesario por cada día máis familias quedan sen ingresos e sen recursos. Abraira dixo que a proposta de investimento para os remanentes entrocan coas propostas que o BNG fixera cando se aprobaron os orzamentos municipais. Por unha banda o BNG propón un incremento da partida adicada ás axudas emerxencia social. Unhas axudas que cubren as necesidade máis perentorias da xente como son alimento, medicinas, pago da vivenda, etc...
Paz Abraira dixo que o concello debe implementar unha nova bolsa de aluguer de vivenda xa que nos datos reflectidos no último consello de asuntos sociais do concello case o 50% das solicitudes de axuda de emerxencia social son para pagar alugueiros de vivendas. O BNG considera necesario que se abra unha nova bolsa de alugueiro para recoñecer o dereito a axuda ao aluguer a moita xente que non terá que recurrir, mes a mes, aos servizos sociais para poder pagar a vivenda. Paz Abraira fixo fincapé que se está proposta vai adiante o concello de Lugo estará cubrindo unha necesidade básica para os veciños e veciñas que a Xunta deixou de cubrir abandonando ás persoas que o necesitaban.