17 actividades dan forma á programación do entroido 2023 da Tenencia de Alcaldía
A programación comezará coa 1 festa da filloa de Lugo, e rematará o mércores 22 co Enterro da Sardiña
Os concursos de disfraces terán lugar na tarde do sábado 18 (categoría infantil) e do 22 (categoría adulta)
Lugo, 07 de febreiro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a programación do Entroido 2023. “Este ano contamos con 17 actividades para distintos públicos, con animación musical e teatral na rúa”, afirmou Maite Ferreiro, que destacou “a primeira edición da festa da filloa de Lugo, un evento que dará o pistoletazo de saída ás actividades deste entroido”.
As actividades do Entroido 2022 continuarán o vindeiro mércores, 15, coa Tradescola, coa charla O Mundo da Máscara, a cargo de Mercedes Vázquez Saavedra, que terá lugar a partir das 19:30 no Vello Cárcere.
O venres 17, as actividades comezarán co Pregón do Entroido, a cargo de Marta Veiga Izaguirre, que contará coa animación musical de Condensadores de Fluzo e continuarán a partir das 21:30 coa actuación musical da charanga Louband polo recinto histórico.
O sábado 18 a animación comezará a partir das 18:00 co concurso infantil de disfraces na praza Maior. Durante a deliberación do xurado, o público poderá desfrutar da animación de Clownamorado, de Rudi Dudi, e a partir das 20:00, a Tambukada estará no recinto histórico, rematando as actividades a partir das 22:00 coa actuación de Brassica Rapa polo recinto histórico
O domingo 19 a praza Maior acollerá a partir das 12:30 a Peter Punk co seu espectáculo Chungo que te cagas, e o luns 20 Culturactiva representará a gala de circo Introitus, continuando as actividades ás 20:00 coa actuación de Bloco Meigallo e o 22 con Unión Phenosa polo recinto histórico.
O día 21, a Gramola Gominola representará a partir das 12:30 na praza Maior o seu espectáculo As que máis molan da Gramola. Pola tarde terá lugar, a partir das 18:00 o concurso de disfraces na categoría de adultos. Durante a deliberación do xurado o público contará coa animación de Carta de Ajuste.
As actividades do Entroido rematarán o mñercores 22 a partir das 20 horas co Enterro da Sardiña, organizado pola asociación Pepe Barreiro.