1800 nenos e nenas de máis de 20 colexios desfrutan dos almorzos saudables organizados pola área de Participación
Lugo, 18 de decembro de 2019. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, xunto co Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo e o concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitaron o CEIP Illa Verde, un dos máis de 20 centros de ensino que están a colaborar nos almorzos saudables que organiza a área de Participación.
Durante os almorzos, as nenas e nenos reciben lácteos, cereais, cacao, pan, mel e froita e aprovéitase para presentar algún alimento pouco habitual, como as froitas exóticas, para que as nenas e nenos as proben. Ademais, aprenden hábitos de hixiene e limpeza. Para isto, o concello conta coa colaboración de Vegalsa – Eroski, Ingapan, APLA e ADINU.
Cristina López agradeceu “gran colaboración que mostra a comunidade educativa, nais e pais e as empresas colaboradoras para a organización destas xornadas”.