A exposición itinerante “Picasso, a Viaxe do Guernica” para en Lugo até o 15 de xaneiro

Concelleiros na presentación
Concelleiros na exposición

Maite Ferreiro estivo presente na inauguración da exposición, coa que colabora a área de Cultura

A exposición itinerante “Picasso, a Viaxe do Guernica” para en Lugo até o 15 de xaneiro

Lugo, 18 de decembro de 2019. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua estivo presente hoxe na inauguración da exposición “Picasso, a Viaxe do Guernica”, xunto con Susan Santos, Delegada de CaixaBank na Galiza, Igor de las Heras, director de área de Negocio de Lugo e Manuela Padrón, da fundación bancaria “la Caixa”.

”La Caixa” e o Museo Reina Sofía presentan esta exposición nun innovador formato itinerante de 200 metros cadrados co motivo do 80 aniversario da creación desta obra mestra. Maite Ferreiro resaltou o valor artístico da obra como "o contexto histórico no que foi realizada e os valores éticos e sociais que reivindica e que continúan vixentes a día de hoxe".

 

A exposición terá lugar do 18 de decembro ao 15 de xaneiro de 2020 na praza Horta do Seminario, e poderá visitarse de luns a venres de 12:30 a 14 horas e de 17 a 21 horas, ademais dos sábados, domingos e festivos entre as 11 e 14 e 17 e 21 horas. Organizaranse visitas guiadas de luns a venres ás 19 horas e sábados, domingos e festivos, ás 12 e ás 19 horas. Maite Ferreiro animou á veciñanza de Lugo a acudir e a “descubrir a historia dunha das obras máis importantes da pintura contemporánea”.

A exposición itinerante “Picasso, a Viaxe do Guernica” para en Lugo até o 15 de xaneiro