350 persoas recibiron un libro do Fondo Bibliográfico Municipal polo día do libro
Maite Ferreiro: “queremos fomentar a lectura entre as veciñas e veciños de Lugo”
A edil de Cultura agradeceu ás veciñas e veciños de Lugo a boa acollida que tivo esta iniciativa
Lugo, 23 de abril de 2021. 350 persoas se achegaron ao concello esta mañá para recibir un dos libros que agasallou a concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua polo día do libro. A concelleira Maite Ferreiro agradeceu á veciñanza a boa acollida que tivo esta iniciativa, e explicou que “temos como obxectivo fomentar a lectura entre as veciñas e veciños de Lugo” .
A edil de Cultura lembrou que “o ano pasado quixemos destacar a importancia da literatura durante o confinamento cunha iniciativa na que recompilamos as obras preferidas da veciñanza”, e explicou que “este ano, queremos que toda a veciñanza de Lugo coñeza o fondo literario co que contamos no Concello, facilitando que todas as persoas teñan a posibilidade de ter un libro ao seu carón”.´