Alexandre Penas: “as gretas de Frai Plácido Rei Lemos non están relacionadas co aumento de tráfico”

O concelleiro de Infraestruturas visitou a zona xunto con persoal técnico do Concello de Lugo

 

“A Xunta de Galiza ten que implicarse na retirada do tráfico rodado da Muralla como estamos a facer desde o Concello”, defendeu Alexandre Penas

Alexandre Penas: “as gretas de Frai Plácido Rei Lemos non están relacionadas co aumento de tráfico”

Lugo, 27 de outubro de 2021. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou esta mañá a rúa Frai Plácido Rei Lemos xunto con persoal técnico municipal. O concelleiro nacionalista afirmou que “o persoal tecnico da concellería de Infraestruturas leva revisando as gretas deste muro desde o ano 2011, momento no que comezaron a aparecer”. Alexandre Penas agradeceu “que o grupo municipal do Partido Popular se preocupe polo estado das distintas zonas públicas de Lugo” e explicou que “o persoal técnico descartou que o aumento de tráfico desta zona teña relación directa coas gretas como afirmaba o Partido Popular”.

No 2011 a concellería de Infraestruturas realizou unha serie de catas na zona para coñecer o estado da cimentación desta instalación e asegurou a súa estabilidade. Alexandre Penas explicou que “o persoal municipal realiza revisións periódicas desta infraestrutura para evitar que os problemas se agraven e sexa preciso realizar intervencións a maior escala”.

Alexandre Penas reclamou ao goberno da Xunta de Galiza “que se preocupe tamén polo estado actual da Muralla, tal e como fai o grupo municipal do PP coas instalacións públicas da cidade, e colabore co Concello na redución do tráfico rodado na Ronda e as gretas que as vibracións dos coches están a producir no monumento”.

O edil de Infraestruturas explicou que “desde o Goberno de Lugo estamos a traballar para cumplir as directrices do ICOMOS e reducir o tráfico, e tendemos a man á Xunta de Galiza para que colabore co Concello na reducción de vehículos para garantir a correcta conservación da Muralla”.

Alexandre Penas: “as gretas de Frai Plácido Rei Lemos non están relacionadas co aumento de tráfico”