O Goberno Municipal realiza probas de maniobrabilidade para vehículos nas obras da ronda

A área de Mobilidade trata de garantir a mellor accesibilidade peonil e do tráfico rodado nos novos itinerarios do centro de Lugo

Técnicos municipais e da empresa concesionaria do transporte público realizaron esta mañá unha nova serie de probas

O Goberno Municipal realiza probas de maniobrabilidade para vehículos nas obras da ronda

Lugo, 27 de outubro de 2021. Na mañá de hoxe, persoal técnico municipal e da empresa concesionaria do transporte público desprazáronse á rúa Cidade de Viveiro para realizar novas probas de maniobrabilidade do bus urbano. Desde a área de Mobilidade búscase garantir a mellora accesibilidade tanto para as persoas como para os vehículos nos novos itinerarios do centro da cidade resultantes da obra de humanización da Ronda da Muralla, na zona sur

 

Desde a área de Mobilidade trabállase para garantir a maniobrabilidade de todo tipo de vehículos que circulan por estas zonas. O edil de  Infraestruturas estivo presente esta mañá nas probas realizadas cun vehículo de 15 metros de longo adicado ao transporte de pasaxeiros, xa que o paso deste tipo de vehículos por estas rúas acontecerá poucas veces ao ano.

 

Coas probas realizadas hoxe, a área de Mobilidade avanza na recuperación da normalidade no tráfico rodado no centro da cidade, unha vez rematen as obras de humanización do treito da rúa Santiago á Rúa Vilalba.

O Goberno Municipal realiza probas de maniobrabilidade para vehículos nas obras da ronda