O CONCELLEIRO DE INFRAESTRUTURAS EXPLICOU QUE "PODE SER PRECISA UNHA INTERVENCIÓN INTEGRAL SOBRE A CUBERTA"

Alexandre Penas: "a Xunta ten que facer os traballos pertinentes para reparar as filtracións do CEIP Menéndez Pelayo"

As inspeccións realizadas na instalación por parte dos servizos técnicos municipais mostran que non existe "ningunha deficiencia puntual ou localizada que puidera ser orixe da entrada de auga"

O concelleiro de Infraestruturas explicou que "pode ser precisa unha intervención integral sobre a cuberta debido a que pode tratar de un fallo estrutural"

Alexandre Penas: "a Xunta ten que facer os traballos pertinentes para reparar as filtracións do CEIP Menéndez Pelayo"

 

Lugo, 12 de setembro de 2023. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, deu conta sobre o traballo realizado polo servizo de Enxeñaría do Concello de Lugo polas filtracións detectadas no CEIP Menéndez Pelayo. Penas explicou que "o persoal técnico do Concello xunto con persoal da empresa de mantemento realizaron unha inspección na cuberta o pasado 26 de maio".
 
Segundo o informe emitido polo servizo de Enxeñaría, na cuberta do centro non se atopa ningunha deficiencia puntual ou localizada que puidera ser a orixe ou causa directa da entrada de auga, polo que unha actuación sobre algún elemento particular non garantiría unha solución ás filtracións.
 
Alexandre Penas reclamou á Xunta de Galiza "que faga os traballos pertinentes para garantir o bo estado das instalacións do colexio", e engadiu "é preciso que valoren se hai que realizar unha intervención integral na cuberta que permita dar unha solución definitiva ás filtracións". "Tratase do comezo do curso escolar e as administracións, a Xunta neste caso, teñen que estar pendentes dos traballos que lles son propios. Como se pode ver o Concello xa fixo a súa parte pasado mes de maio antes de que rematase o pasado curso escolar", dixo Alexandre Penas.

 

 

Alexandre Penas: "a Xunta ten que facer os traballos pertinentes para reparar as filtracións do CEIP Menéndez Pelayo"