Aparecen novos restos arqueolóxicos en Quiroga Ballesteros
Rubén Arroxo: “este achegamento pon de relevo o gran valor patrimonial que posúe a nosa cidade”
A obra non sufrirá modificacións e continuará cos prazos establecidos
Lugo, 02 de decembro de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou dos novos restos atopados durante a mañá de hoxe no desenvolvemento dos traballos de peonalización na rúa Quiroga Ballesteros.
O descubrimento de hoxe consiste maioritariamente nun pavimento do século XIX e parte dos restos xa atopados do Hipocausto. De igual xeito que anteriormente, estas pezas serán datadas a súa singularidade e a súa situación, xa que o equipo de arqueoloxía informou do seu baixo valor para a súa exposición museística. Por isto, serán tratadas cunha lámina xeotéxtil e cubrirase con area para a súa protección.
“Trátanse de novos restos que poñen de relevo o gran valor patrimonial que posúe a nosa cidade” sinalou Rubén Arroxo, ao que engadiu “este novo achegamento non afectará ao proceso da obra, o que permitirá continuar cos prazos establecidos”