Instálase a estatua de Castelao pola conmemoración dos 100 anos da revista Nós
Rubén Arroxo: “Lugo contará coa conmemoración dunha figura crucial para a Historia e a Cultura de Galiza”
A situación da figura estará diante do Hotel Méndez Nuñez
Lugo, 2 de decembro de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou a nova estatua do senlleiro intelectual Afonso Daniel Rodríguez Castelao coa que se prentende render homenaxe a súa figura no 100 aniversario da revista Nós.
Segundo indicou Rubén Arroxo, “saldamos unha débeda histórica que o Concello de Lugo ten coa figura de Castelao”. “Lugo contará cunha estatura para conmemorar unha figura crucial para a Historia e a Cultura de Galiza”, afirmou Rubén Arroxo.
A estatua situase na rúa da Raíña, en fronte do Hotel Méndez Núñez, no lugar no que estivo Castelao en Lugo o 18 de novembro de 1918. O Tenente de Alcalde afirmou que “o vindeiro 30 de xaneiro, se a situación sanitaria o permite, realizaremos un acto de lembranza a modo de inauguración da estatua coincidindo co seu 135 aniversario do seu nacemento”.
Rubén Arroxo evidenciou as accións desenvolvidas polas distintas áreas do goberno municipal na homenaxe aos persoeiros máis representativos de Lugo, como a restauración das escritoras e escritores no centro da cidade ou o traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior, “continuamos revitalizando esta cidade da man da Cultura”