O Arde Lucus é un momento idóneo para liberar de coches a Mosqueira e o recinto amurallado
Para o BNG-AA sería moi positivo para o Arde Lucus gañar un espazo como a zona da Mosqueira para realizar actividades relacionadas coa festa
Rubén Sinalou que podería ser o primeiro Arde Lucus para as persoas que son as auténticas protagonistas da festa
Lugo, 6 de maio 2016. O BNG Asambleas Abertas propón que durante toda a celebración do Arde Lucus permaneza liberado do tráfico de vehículos tanto o tramo da Mosqueira como o recinto amurallado. Rubén Arroxo dixo que este é un xeito de avanzar na peonalización da cidade e de gañar un espazo para as persoas nunha das festas máis importantes das que se celebran na nosa cidade. Unicamente habería que autorizar, no recinto amurallado, o acceso a residentes e vehículos que accedan aos aparcadoiros.
Rubén Arroxo dixo que a xente que ven a Lugo valora o aspecto xeral da cidade e a presenza de vehículos non contribúe a unha boa valoración da cidade nin do Arde Lucus e por isto consideramos que liberar da presenza de vehículos a motor tanto o recinto amurallado como a zona máis simbólica da cidade como é a Mosqueira. Arroxo lembrou que o pleno da corporación xa se pronunciou a favor de peonalizar este tramo da ronda da Muralla e esta é unha boa ocasión para recuperar este espazo para as persoas nunha datas tan significadas e festivas.
Para o BNG-AA sería moi positivo para o Arde Lucus gañar un espazo como a zona da Mosqueira para realizar actividades relacionadas coa festa, Rubén Sinalou que podería ser o primeiro Arde Lucus para as persoas que son as auténticas protagonistas da festa e engadiu que o recinto amurallado tamén debería quedar libre do tráfico rodado por que, como sabemos, o casco histórico énchese de xente que ven a disfrutar desta festa singular e non a ver atascos de coches.