O BNG-AA pide a creación dunha comisión para a organización do Arde Lucus
A dimensión que acadou o Arde Lucus é suficiente razón para que se cree unha comisión da festa igual que ocurre co San Froilán dixo Maite Ferreiro
Unha comisión na que participen todos os grupos enriquecerá a organización da festa e dará luz a unha xestión que ata agora dependeu unicamente do PSOE
Lugo, 7 de maio 2016. A edil do BNG Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, anunciou que a formación que representa levará unha iniciativa ao pleno para que se conforme unha comisión para a organización da festa do Arde Lucus. A dimensión que acadou o Arde Lucus é suficiente razón para que se cree unha comisión da festa igual que ocurre co San Froilán dixo Maite Ferreiro e engadiu que o bon sería constituíla este mesmo ano, aínda que entedemos que falta pouco tempo e parte do programa xa estará feito, por que para o ano vindeiro estariamos traballando dende todos os grupos ao cento por cento para mellorar esta festa da primavera lucense.
Para o BNG AA é necesaria a creación da comisión organizadora do Arde Lucus por que tanto polo número de visitantes como polo índice de participación, o Arde Lucus converteuse nunha das citas, xunto co San Froilán, máis importantes de Lugo e Galiza. Unha comisión na que participen todos os grupos enriquecerá a organización da festa e dará luz a unha xestión que ata agora dependeu unicamente do PSOE. Entendemos que tanto o goberno municipal como o resto do grupo da oposición estarán dacordo con esta proposta que contribuirá, de seguro, a mellorar o Arde Lucus nos vindeiros anos concluíu Maite Ferreiro.
Maite Ferreiro sinalou que existen moitos aspectos relacionados coa organización dos espectáculos, as contratacións das empresas, o gasto que supón para arcas municipais, e mesmo a seguridade dos espazos nos que se leva a cabo a festa, que deben ser controlados para manter unha festa que atrae a Lugo a milleiros de visitantes. A experiencia que temos no BNG, tanto de goberno como dende a oposición, do funcionamento da comisión de festas do San Froilán é positiva asegurou Maite Ferreiro e engadiu que entendemos que este modelo é perfectamente trasladable ao Arde Lucus.