A área de Cultura avanza na volta das casetas do polbo ao San Froilán 2021

Rubén Arroxo
Rubén Arroxo

Rubén Arroxo: “desde a área de Cultura estase a traballar en distintos formatos para o San Froilán 2021, que se executarán segundo cales sexan as restriccións do momento”

Hoxe aprobáronse os pregos das casetas do polbo, que sairán a concurso con distintos prezos segundo cales sexan as restriccións na hostalería

 

A área de Cultura avanza na volta das casetas do polbo ao San Froilán 2021

Lugo, 04 de agosto de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou a aprobación hoxe dos pregos que rexerán a colocación das casetas do polbo no San Froilán 2021. Arroxo explicou que “as actuais medidas sanitarias no sector da hostalería permítennos volver contar de novo coas casetas do polbo no San Froilán, adaptando os prezos de saída das licitacións á situación sanitaria do momento”.

 

Arroxo explicou que “o prezo de saída das casetas será o mesmo que no ano 2015, e os caldeiros manterán o prezo de saída do ano 2016”, que serán modificados con tres tramos segundo as cabidas permitidas na hostalería. Así, cada unha das empresas interesadas presentarán prezos para a licitación das casetas para unha situación de cabida ao 100%, para o treito inferior ao 100% pero superior ao 50% de cabida e para o treito entre o 30 e o 50% de cabida. No caso de limitarse a cabida dos establecementos de hostalería nunha porcentaxe inferior ao 30%, poderase optar por non exercer a actividade ou continuar coa categoría inferior (cabida entre o 30 e o 50%).

 

Rubén Arroxo afirmou que “a área de Cultura está a traballar en distintos formatos para esta edición do San Froilán”, e engadiu “segundo vaia avanzando a situación sanitaria, decidirase que modelo se levará adiante, sempre tendo en conta a necesidade de garantir en todo momento o cumprimento das medidas de prevención, mantendo viva a gran festa do outono galego”.

 

Prezos base de licitación casetas

 

Caseta

Prezo base (fora de pandemia)

Cabida 100%

Cabida 50-99%

Cabida 30-49%

1

18.311,78

16.374,17

12.280,62

9.824,50

2

17.312,95

15.391,72

11.298,17

8.842,05

3

16.647,07

14.736,75

10.643,21

8.187,08

4

16.647,07

14.736,75

10.643,21

8.187,08

Prezos base de licitación caldeiros

 

Caldeiro

Prezo base (fora de  pandemia)

Cabida 100%

Cabida 50-99%

Cabida 30-49%

1

11.516,84

10.298,22

7.723,66

6.178,93

2

10.888,65

9.680,32

7.105,77

5.561,04

3

10.469,85

9.268,40

6.693,84

5.149,11

4

10.469,85

9.268,40

6.693,84

5.149,11

 

Prezos

Os prezos das casetas do polbo manteranse do mesmo xeito que nos últimos anos, coa ración de polbo (250g) a 12€, a ración de pan e de cachelos (200g) a 1,50€ e a botella de viño (3/4l) a 6€.

A área de Cultura avanza na volta das casetas do polbo ao San Froilán 2021