MAITE FERREIRO: "QUEREMOS VISIBILIZAR AS ENSINANZAS DE MÚSICA DE LUGO, AXUDANDO ÁS ESTUDANTES A MOSTRAR O SEU TRABALLO"

A área de Cultura e o Conservatorio de Lugo organizan concertos na rúa


O casco histórico acollerá ao estudantado do conservatorio, que farán microconcertos os días 29 e 30 de maio

Maite Ferreiro: "Queremos visibilizar as ensinanzas de música de Lugo, axudando ás estudantes a mostrar o seu traballo"

A área de Cultura e o Conservatorio de Lugo organizan concertos na rúa



Lugo, 16 de maio de 2024. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, presentou, xunto coa edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e representantes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo o ciclo O conservatorio na rúa, co que desde a área de Cultura e o Conservatorio se achegará a obra das estudantes do conservatorio ás distintas prazas do casco históric os días 29 e 30 de maio.

Maite Ferreiro explicou que "o obxectivo desta actividade é visibilizar as ensinanzas oficiais de música coas que contamos na cidade, e motivar ás estudantes, xa que poderán mostrar o aprendido durante os seus estudos ao mesmo tempo que dinamizan as rúas".

O ciclo O conservatorio na rúa contará con 3 concertos a cargo das distintas agrupacións do Conservatorio. O mércores 29, a partir das 17:30, a Banda Xosé Castiñeira dará o seu concerto na praza de Santa María, e ás 19:00 será o turno da Banda Indalecio Fdez. Groba. O xoves 30, pechará a mostra a Orquestra de Grao Profesional do Conservatorio Xoán Montes.

A área de Cultura e o Conservatorio de Lugo organizan concertos na rúa