A área de Cultura organiza novas visitas turísticas gratuítas no verán
Maite Ferreiro: “as visitas incluirán percorridos pola zona histórica da cidade e percorridos innovadores polas distintas mostras de arte urbano de Lugo”
O Vello Cárcere acollerá visitas teatralizadas con Achádego Teatro
Lugo, 01 de xuño de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Goberno de Lugo ofertará visitas turísticas durante o verán. Maite Ferreiro explicou que “desde a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua continuamos a ofertar visitas guiadas pola cidade, tanto para a veciñanza de Lugo como para todas as persoas que nos visiten”.
A área de Cultura ofertará as visitas que se celebrarán ata o vindeiro 30 de setembro, de xeito gratuíto, a todas as persoas que o desexen, ata cubrir a cabida de cada grupo. “Realizaranse percorridos innovadores polas distintas mostras de arte urbano de Lugo, ademais das visitas habituais polo casco histórico que mostrarán o noso patrimonio histórico e cultural”, afirmou a Concelleira de Cultura.
As visitas requerirán de inscripción previa, que se poderá realizar na oficina de Turismo Municipal tanto de xeito presencial como a través do teléfono 982 251 658.
Visitas guiadas verán 2022:
Ás 12.30h polo Recinto Histórico os días;
3, 4, 5 e 10, 11, 12, 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de xuño.
1, 2, 3, 8, 9, 10, 15, 16, 17, 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de xullo.
5, 6, 7, 12, 13, 14, 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de agosto.
2, 3, 4, 9, 10, 11, 16, 17, 18, 23, 24 e 25 de setembro.
Ás 17h(ata ás 19h):
PaseArte (Percorrido polo arte urbano da cidade);
2 e 18 de xuño.
1, 2, 7, 8, 21, e 22 de xullo.
5, 6, 12, 18 e 19 de agosto.
2, 3, 9, 16, 23, 24, 30 de setembro.
Visitas Teatralizadas no vello Cárcere
Maite Ferreiro anunciou tamén que o vindeiro sábado 4 de xuño comezan as visitas teatralizadas ao Centro Socio Cultural O Vello Cárcere. A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e Achádego Teatro presentan un percorrido pola historia de tan singular edificio dende a súa construción e primeiros usos até a súa conversión actual en Centro Sociocultural e continente de todo tipo de actividades culturais e centro expositivo.
A visita teatralizada, dunha hora de duración, levará aos visitantes a outra época, xogará co tempo e o espazo para poder ofrecer unha mostra da nosa historia, non so do Cárcere, senón da propia cidade na que a mesma leva presente dende finais do século 19. Nemesio Cobreros, Jeremy Bentham, Enriqueta Otero, Rafael de Vega, Gregorio Sanz e moitas outras personaxes construirán un relato vivo do que nesa Cárcere aconteceu e da historia da mesma e a súa relación coa cidade.
A primeira visita será este 4 de xuño ás 12:30h e completaranse, nun primeiro momento con outras dúas, unha no mes de xullo e outra en setembro.
Aquelas persoas que queran apuntarse e disfrutar da experiencia poden facelo a través do teléfono do Vello Cárcere; 982 29 71 95 ou no correo electrónico; [email protected]