A área de Cultura organiza visitas turísticas gratuítas durante a semana santa

Maite Ferreiro

Maite Ferreiro: “as visitas incluirán percorridos pola zona histórica da cidade e percorridos innovadores polas distintas mostras de arte urbano de Lugo”

As visitas serán gratuítas, e requerirán de inscripción previa chamando á oficina de turismo (982 251 658)

A área de Cultura organiza visitas turísticas gratuítas durante a semana santa

Lugo, 23 de marzo de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Goberno de Lugo ofertará visitas turísticas durante a semana santa. Maite Ferreiro explicou que “desde a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua continuamos a ofertar visitas guiadas pola cidade, tanto para a veciñanza de Lugo como para todas as persoas que nos visiten”.

A área de Cultura ofertará as visitas entre os vindeiros días 9 e 18 de abril, de xeito gratuíto, a todas as persoas que o desexen, ata cubrir a cabida de cada grupo. “Realizaranse percorridos innovadores polas distintas mostras de arte urbano de Lugo, ademais das visitas habituais polo casco histórico que mostrarán o noso patrimonio histórico e cultural”, afirmou a Concelleira de Cultura.

As visitas requerirán de inscripción previa, que se poderá realizar na oficina de Turismo Municipal tanto de xeito presencial como a través do teléfono 982 251 658.

 

A área de Cultura organiza visitas turísticas gratuítas durante a semana santa