A área de Cultura prepara un Entroido “distinto e pensado para garantir a seguridade de toda a veciñanza”
Maite Ferreiro: “este ano o Entroido non terá grandes actividades de rúa debido ao avance actual da pandemia”
25 xan. 2021 - 20:27
Lugo, 25 de xaneiro de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou dos avances realizados de cara á organización das actividades do Entroido. Maite Ferreiro avanzou que “neste ano non se celebrarán actividades de rúa, debido ao avance actual da pandemia”.
A concelleira de Cultura afirmou que “seguimos coa nosa aposta forte pola cultura segura, e nos vindeiros días avanzaremos a programación para un Entroido distinto e pensado para garantir a seguridade de toda a veciñanza”.
Maite Ferreiro pediu ás veciñas e veciños de Lugo “que sigan a demostrar a súa responsabilidade nos vindeiros días, aplicando as distintas medidas que indiquen as autoridades sanitarias”.