“ESTAMOS TRABALLANDO PARA ACTIVAR OS BARRIOS CON ACTUACIÓNS DEMANDADAS POLA VECIÑANZA” SINALOU RUBÉN ARROXO

A Área de Infraestruturas acometerá o acondicionamento de dúas rúas no barrio da Cheda

O Camiño de Pousadela, entre o barrio da Cheda e a ronda do Carme, e a rúa Rio Sar serán asfaltadas cun investimento total de 56.983,81 €

A Área de Infraestruturas acometerá o acondicionamento de dúas rúas no barrio da Cheda

Lugo, 12 de novembro de 2019. A Área de Infraestruturas Urbanas acometerá o acondicionamento de dúas rúas no barrio da Cheda. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado do responsable da Área de Infraestruturas, Alexandre Penas, e da concelleira de Participación, Cristina López, visitaron a rúa Río Sar que é unha das pucas rúas do barrio da Cheda que estaban sen pavimentar. A intervención na rúa Río Sar contará cun investimento de 41.132,81 € para conformar unha capa de rodadura con mestura asfáltica en quente que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial e asegurará unha prolongada duración da actuación.

“Estamos traballando para activar os barrios con actuacións demandadas pola veciñanza” sinalou Rubén Arroxo que explicou que “barrios como a Cheda precisan de atención por parte do concello por que tamén son parte da cidade”. Pola súa banda, o edil reponsable de infraestruturas, Alexandre Penas sinalou “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida e as veciñas e veciños agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.

Outra das intervencións a desenvolver no barrio da Cheda será o asfaltado do tramo da rúa Pousadela, entre a ronda do Carme e o propio barrio da Cheda. Esta actuación conta cun orzamento de 15.851 €. Alexandre Penas sinalou que “este tramo da rúa Pousadela é o camiño máis corto entre o barrio da Cheda e o centro da cidade” e engadiu “no pasado mandato o propio Rubén Arroxo, como concelleiro da oposición, trasladou ao goberno municipal a necesidade de arranxar esta vía e agora, dende o goberno, acometemos a obra para cumplir coas veciñanza”.

A Área de Infraestruturas acometerá o acondicionamento de dúas rúas no barrio da Cheda