ARROXO: “ESTAMOS A ESTUDAR ESTA OPCIÓN PORQUE A PEONALIZACIÓN DA RÚA É POSIBLE E CONTAMOS CO APOIO DA VECIÑANZA PARA HUMANIZAR A CONTORNA”

A área de Mobilidade estuda a peonalización da rúa Rafael de Vega no vindeiro ano

Rubén Arroxo mantivo unha xuntanza coa veciñanza da zona, onde se propuxo que a peonalización forme parte dos vindeiros orzamentos municipais

A área de Mobilidade estuda a peonalización da rúa Rafael de Vega no vindeiro ano

Lugo, 01 de outubro de 2020. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, xunto con Alexandre Penas e Maite Ferreiro, mantiveron unha xuntanza con veciñas e veciños da rúa Rafael de Vega para recibir as propostas da veciñanza ao respecto do futuro da rúa. “Nesta xuntanza recibimos a petición de parte da veciñanza para estudar a peonalización da zona inferior desta rúa”, explicou Rubén Arroxo

O Tenente de Alcalde explicou que “estamos estudando incluír este proxecto nos vindeiros orzamentos municipais, nos cales xa estamos a traballar”. “Trátase dunha zona con moita poboación pero que non conta con zonas verdes nin peonís amplas”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “con esta humanización da zona conseguiranse crear un espazo de lecer necesario para a veciñanza ao mesmo tempo que se continuará a traballar na redución de tráfico rodado en toda a cidade”.

Arroxo destacou “a colaboración da veciñanza para transformar a mobilidade en Lugo”, e afirmou que “o futuro pasa por unha cidade máis amable cos peóns como eixo da mobilidade no lugar do transporte público”. “Para conseguir isto temos que avanzar no cambio de percepción da mobilidade por parte da veciñanza  e un paso importante nisto dase gañando espazos para os peóns”.

A área de Mobilidade estuda a peonalización da rúa Rafael de Vega no vindeiro ano