A área de Mobilidade habilita unha nova senda peonil unidireccional na contorna do colexio de Albeiros

Rubén Arroxo: “trátase dunha petición veciñal que poñemos en marcha de cara ao novo curso para mellorar a seguridade na zona”

O Tenente Alcalde visitou hoxe a zona xunto con representantes da ANPA e veciñas e veciños da zona

A área de Mobilidade habilita unha nova senda peonil unidireccional na contorna do colexio de Albeiros

Lugo, 04 de setembro de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou hoxe o barrio de Albeiros xunto con veciños da zona e representantes da ANPA do colexio.  A área de Mobilidade habilitou estes días unha nova senda peonil para, segundo o Tenente Alcalde, “mellorar a seguridade viaria neste entorno escolar que carece de zonas peonís axeitadas”. Arroxo explicou que “esta é unha solicitude moi demandada pola veciñanza da zona, á que desde a área de Mobilidade demos resposta para o inicio do novo curso”.

 

Arroxo lembrou que “nos últimos meses xa realizamos intervencións para calmar o tráfico no entorno do colexio, dentro do plan de calmado de tráfico que levamos a todos os centros escolares”

 

As rúas nas que se vén de intervir habilitouse unha nova senda peonil, marcada na calzada nunha cor distinta. Estas rúas pasarán a ter a velocidade para o tráfico rodado limitada a 20Km/h, seguindo a normativa vixente para este tipo de viais.

 

Esta reordenación afecta ás rúas do Xenebro, Garaballa de Arriba (treito sen beirarrúas) e Rúa Illa de Ons, onde se instalou sinalización horizontal de banda de preferencia de tránsito peonil.

 

A Rúa Xenebro pasa a ser de sentido único dende Rúa Illa de Ons ata a conexión coa vía de servizo da Ronda Norte (Garaballa de Arriba) e conta cunha nova banda de preferencia de uso peonil na marxe dereita, que continúa no treito da vía de servizo da Ronda Norte dende a glorieta (Garaballa de Arriba ata o CEIP Albeiros), percorrendo a mesma dende a Ronda Norte ata o CEIP Albeiros.

 

Na rúa Illa de Ons, dende a Rúa Pardillo ata a Rúa Xenebro, modificouse o sentido da circulación, quedando en sentido único e percorrendo a vía dende a Rúa do Pardillo ata a Rúa Xenebro, con banda de preferencia de uso peonil na marxe dereita. O tramo da Rúa Xenebro comprendido entre Rúa Illa de Ons e Rúa Dolmen mantén o dobre sentido de circulación para o tráfico rodado, con banda de preferencia peonil na marxe dereita.

A área de Mobilidade habilita unha nova senda peonil unidireccional na contorna do colexio de Albeiros