A área de Mobilidade presenta unha ruta alternativa que permite chegar desde San Pedro á Milagrosa en 5 minutos evitando pasar pola ronda da Muralla

Itinerario alternativo Ronda
Infografía do itinerario alternativo Ronda

Rubén Arroxo: “esta ruta alternativa permite aforrar ata a metade do tempo que dura o percorrido nos momentos de maior densidade de tráfico”

Nos vindeiros días sinalizarase a ruta alternativa

 

A área de Mobilidade presenta unha ruta alternativa que permite chegar desde San Pedro á Milagrosa en 5 minutos evitando pasar pola ronda da Muralla

Lugo, 26 de xuño de 2020. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, informou de que nos vindeiros días se sinalizará unha ruta alternativa á Ronda da Muralla para chegar desde San Pedro á Milagrosa en 5 minutos. Segundo Rubén Arroxo, “os estudos de tráfico realizados mostran que o tramo entre San Pedro e a Avenida da Coruña son os que sofren máis retencións nas horas puntas”.

Para chegar aos barrios da zona norte, baixando por Montero Ríos, Serra de Meira, pasando pola Ponte de Paradai e seguindo de cara a Infanta Elena permite subir por Alexandre Bóveda, Río Narla ou continuar por Infanta Elena e saír na Ronda Norte para ir aos barrios da Milagrosa, Piringalla ou Garabolos. “Estes percorridos contan con vías amplias e só dous cruces regulados por semáforo, o que permite reducir ata nun 50% o tempo empregado en realizar este percorrido”.

Segundo Rubén Arroxo, “seguindo esta ruta alternativa requírense entre 5 e 10 minutos para chegar ao destino, mentres que nos momentos de máximo tráfico na Ronda da Muralla, pode chegar a levar máis de 15”. O Tenente de Alcalde declarou que “nos vindeiros días sinalizarase esta ruta alternativa para continuar avanzando na redución do tráfico rodado na Ronda da Muralla, evitando así producir vibracións que afecten ao noso monumento máis importante, e permitindo unha circulación máis fluída aos vehículos necesarios, como residentes, transporte de mercadorías e transporte público”.

A área de Mobilidade presenta unha ruta alternativa que permite chegar desde San Pedro á Milagrosa en 5 minutos evitando pasar pola ronda da Muralla