Comezan a realización de rebaixes en cruces de distintos puntos da cidade
Alexandre Penas: “trátase dunha actuación necesaria para favorecer a accesibilidade aos distintos puntos da cidade”
A actuación ten un custo de 30.200€ e un prazo de realización de 6 semanas
Lugo, 23 de xuño de 2020. O edil de Infraestruturas Urbanas informou de que no día de hoxe comezou a realización de 35 rebaixes en pasos de peóns de toda a cidade. Segundo declarou Alexandre Penas, “é unha actuación necesaria para favorecer a accesibilidade aos distintos puntos da cidade”. Alexandre Penas informou que “con esta actuación realizaranse rebaixes en rúas nas que ata o de agora non se realizara ningunha acción deste tipo”. O edil de infraestruturas lembrou á veciñanza de que circulara con precaución nas zonas onde se están a realizar os traballos.
A concellería de Infraestruturas Urbanas realizará 35 rebaixes en pasos de peóns das rúas Cambria, Xulia Minguillón, Avenida da Coruña, Ramiro Rueda, Montero Ríos, Ronda das Fontiñas, Illas Canarias, Alfredo Brañas e Aquilino Iglesias Alvariño. A actuación adxudicouse por 30.200€, cun prazo de realización de 6 semanas.
Alexandre Penas lembrou que “desde a concellería de Infraestruturas traballamos nos distintos barrios da cidade, en moitos casos en zonas nas que se levaba anos sen realizar ningunha actuación, mellorando a estética da zona e as condicións de vida da veciñanza”.