A área de Mobilidade realizará medicións de tráfico no entorno da Mosqueira
Rubén Arroxo: “realizarase un estudo para valorar as posibles solucións de cara á peonalización deste tramo da Ronda da Muralla”
Efectuaranse medicións ata en oito puntos do entorno da mosqueira “para medir os fluxos de tráfico das distintas interseccións”
Lugo, 02 de marzo de 2020. A Área de Infraestruturas e Mobilidade, dirixida por Rubén Arroxo, comezará as medicións sobre os fluxos de tráfico no entorno da Mosqueira. Segundo explicou Rubén Arroxo, “a colocación de detectores servirá para medir os movementos de tráfico das diferentes interseccións, e así formular alternativas de cara á peonalización deste tramo da Ronda”.
Rubén Arroxo indicou que “realizaremos medicións en oito interseccións diferentes do entorno da Mosqueira” e engadiu “o noso obxectivo político é claro pero imos facer as cousas ben, tendo en conta as solucións técnicas que emanen dos datos obtidos”. “Seguimos avanzando cara unha cidade para as persoas e para liberar de tráfico a motor o entorno da Muralla” afirmou Rubén Arroxo, lembrado que “é o noso monumento máis significado e Patrimonio da Humanidade”.
Os detectores para as medicións colocaranse entre o luns 3 e o martes catro, nunha primeira fase, permanecendo instalados até o 10 de marzo. A segunda fase das medicións comezará o 11 de marzo e estenderase até o 18. Así obteranse datos sobre os hábitos de circulación non período semanal.