A concellería de educación achega á mocidade ao teatro grecolatino
Estudantes de humanidades de catro institutos de Lugo asistiron á XX edición do Festival Xuvenil de Teatro Grecolatino
Felipe Rivas: “pretendemos achegar, dunha maneira vívida, textos dramáticos, tráxicos e cómicos”
Lugo, 03 de marzo de 2020. A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento colabora coa Sociedade Española de Estudos Clásicos na organización da XX edición do festival xuvenil de teatro grecolatino, que nestes días parou en Lugo. Estudantes da rama de humanidades dos IES Ollos Grandess, Xoán Montes, Lucus Augusti, Muralla Romana e Leiras Pulpeiro desfrutaron durante estes días de Coéforas, de Esquilio, Gorgojo, de Plauto, Ifixenia de Aulide de Eurípides e Persa de Plauto.
“Dende o concello colaboramos facilitando as entradas aos centros de ensino e cedendo o auditorio municipal Gustavo Freire para as representacións”, indicou Felipe Rivas, concelleiro de Educación que engadiu “dende a concellería de educación temos a intención de achegar ao estudantado, dunha maneira vívida, textos dramáticos, tráxicos ou cómicos”.