A área de Participación homenaxea polo día da Muller Rural ás mulleres do Mercado Tradicional

Cristina López destacou “o importante papel de todas estas mulleres, que axudaron a converter a Praza de Abastos e o Mercado Municipal en espazos de referencia para Lugo”

O Goberno de Lugo lembrou ás 66 mulleres que forman parte do rexistro do Mercado Tradicional

A área de Participación homenaxea polo día da Muller Rural ás mulleres do Mercado Tradicional

Lugo, 14 de outubro de 2022. A concellería de Participación e Servizos para a Veciñanza que dirixe Cristina López realizou un recoñecemento ás 66 mulleres que forman parte do rexistro do Mercado Tradicional. López destacou “o importante papel de todas estas mulleres ao longo dos anos, contribuíndo a que a Praza e o Mercado sexan actualmente espazos cunha especial importancia para as veciñas e veciños de Lugo”.

A área de Participación recoñeceu a labor de todas as mulleres que se achegan ao mercado tradicional, “que está integrado practicamente só por mulleres, e que permite desfrutar de productos naturais e de proximidade”

O Mercado Tradicional celebrarase no soto da Praza de Abastos nas mañás dos martes e dos venres, entre as 8:30 e as 14:30 horas. Os produtos que se venden neste mercado son os propios da colleita, engadíndose á oferta de produtos de primeira calidade que se poden atopar na Praza e no Mercado  de Lugo.

Día da Muller Rural

A celebración do Día da Muller Rural realízase desde o 2007 o 15 de outubro. A Asemblea Xeral da ONU puxo como obxectivo desta data o recoñecemento da muller rural pola súa contribución no desenvolvemento rural e agrícola, a erradicación da pobreza e a mellora na seguridade alimentaria.

Na declaración inicial, chámase aos estados membros da ONU a mellorar a condición das mulleres do rural, prestando atención ás súas necesidades e pide empoderalas no eido social, económico e político.

A área de Participación homenaxea polo día da Muller Rural ás mulleres do Mercado Tradicional