TRAS QUEDAR DESERTO O ÚLTIMO INTENTO DE ADXUDICACIÓN, A EDIL CRISTINA LÓPEZ INFORMOU “ESTAMOS REFORMULANDO AS BASES PARA PERMITIR QUE AS EMPRESAS INTERESADAS PRESENTEN OFERTAS E LUGO CONTE CON NOVOS PANEIS DIXITAIS SEN CUSTO PARA O CONCELLO”

A Área de Participación e Servizos á Veciñanza ultima os trámites para recuperar os paneis informativos na cidade

Os paneis foron retirados fai un ano pola anterior empresa adxudicataria e dende a área nacionalista agardase poder instalar os novos paneis antes de finais de 2019

A Área de Participación e Servizos á Veciñanza ultima os trámites para recuperar os paneis informativos na cidade

Lugo, 14 de setembro de 2019. A edil responsable da Área de Participación e Servizos á Veciñanza, a nacionalista Cristina López, informou sobre os avances no proceso de tramitación para que Lugo recupere os paneis informativos. Os paneis foron retirados fai un ano pola anterior empresa adxudicataria e dende a área nacionalista agárdase ter rematado o proceso de adxudicación antes de finais de 2019. “A pesares de que houbo un intento de adxudicación para que acometese a colocación dos paneis, había detalles no prego que impediron que ningunha empresa se interesase por concurrir á oferta do Concello” explicou Cristina López.

 

Neste momento, persoal técnico da Área de Área de Participación e Servizos á Veciñanza traballa na adaptación dos pregos para sacar a concurso a posibilidade de instalar paneis electrónicos informativos en diferentes puntos da cidade. “Tivemos que adptar a proposta á realidade do mercado neste sector para que as empresas se interesen por facer esta instalación na nosa cidade” sinalou López que avanzou que os novos paneis poderían estar instalados antes de finais de 2019. Cristina López fixo fincapé en que “son moitas as persoas que nos preguntan polos paneis da hora e do termómetro, sobre todo durante os días calurosos do verán”.

A Área de Participación e Servizos á Veciñanza ultima os trámites para recuperar os paneis informativos na cidade