"A Área de Turismo respaldará a presenza do representante lucense no certame estatal de tapas" afirmou Maite Ferreiro
Lugo estará presente os días 23 e 24 de xaneiro no Congreso Internacional de Gastronomia Madrid Fusión baixo o paraugas da APEHL
A concelleira de Cultura e Turismo dixo que “este ano o representante será o restaurante Nadela que foi o gañador do concurso de tapas de Lugo”
Lugo, 8 de xaneiro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou que o Concello de Lugo e a súa Área de Turismo respaldaran a presenza do representante lucense no Campionato oficial Hostalería de España Tapas e Petiscos 2023, que se celebrará os días 23 e 24 de xaneiro no Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión. A tapa do restaurante Nadela será a que represente á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. Este restaurante, do cal é xerente Nacho Rodriguez, foi o gañador do xurado técnico no certame de tapas de Lugo con "Canelón de polo de curral co seu zume e cogomelos de tempada".
Ese establecemento competirá con outros gañadores dos seus respectivos concursos de tapas e petiscos convocados polas asociacións provinciais. No concurso estatal Terá 30 minutos para a elaboración íntegra e emplatado da tapa, como o resto de participantes no certame.Maite Ferreiro e Cheché Real mantiveron unha xuntanza para estudar os pormenores deste encontro no que Lugo estará representado.