Pelúdez, protagonista da nova intervención artística do proxecto Culturban promovido pola Tenencia de Alcaldía
Maite Ferreiro e Rubén Arroxo visitaron a nova intervención realizada nun cadro de alumeado da praza Viana do Castelo
En total, 5 artistas de Lugo realizarán intervencións en 21 cadros de luz distribuídos por toda a cidade
Lugo, 09 de xaneiro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitaron a nova intervención artística que se está a levar adiante dentro do proxecto de arte urbano Culturban. Pelúdez foi o protagonista da última intervención elaborada na praza Viana do Castelo pola gañadora do Combate Mural deste ano, Sandra López.
Maite Ferreiro explicou que desde a área de Cultura "seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable, dando un lugar en Lugo aos proxectos máis recoñecidos dentro do muralismo a nivel galego e estatal”.
Estas intervencións artísticas contan cunha selección de artistas locais que decorarán unha serie de cadros de luz ao longo da cidade.
Culturbán é mostra de arte na rúa, organizado e coordinado pola Área de Cultura do Concello de Lugo xunto a Espazo Lupa Arte que celebra a súa III edición. Desde a Tenencia de Alcaldía proponse un proxecto adicado a crear, producir e apoiar actividades relacionados coa arte urbana co obxectivo de propiciar e difundir as intervencións artísticas no espazo público, programando diversas actividades sobre arte e cultura en diferentes lugares e espazos da cidade de Lugo.