Inaugurada a mostra A Polbeira, que mostra o proceso creativo da estatua da praza da Mosqueira

undefined

A mostra conta con 45 fotografías ademais de esbozos e as dúas maquetas orixinais da estatua, recollendo todo o traballo realizado polo escultor Honorio
O Vello Cárcere acollerá esta mostra ata o vindeiro 15 de febreiro

Inaugurada a mostra A Polbeira, que mostra o proceso creativo da estatua da praza da Mosqueira
Lugo, 10 de xaneiro de 2023. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, inauguraron esta tarde a mostra A Polbeira, que mostra o proceso creativo seguido polo escultor Honorio á hora de realizar a estatua ubicada na praza da Mosqueira. Á inauguracíón asistiron tamén o escultor Honorio e o pintor lucense Jorge Espiral.

A exposición conta con 45 fotografías que mostran o proceso creativo seguido polo artista, ademais dos bocetos orixinais e as dúas maquetas utilizadas ao longo do proceso de elaboración da estatua. “Unha oportunidade única para coñecer o proceso artístico dunha escultura que representa un anaco da historia de Lugo”, afirmou Maite Ferreiro.

A estatua da Polbeira, ubicada na praza da Mosqueira, está realizada en bronce e ten unha altura de 190 cm. A Tenencia de Alcaldía rendeu homenaxe con esta estatua “a todas as polbeiras que en cada San Froilán realizaban a súa actividade nesta praza”.
Inaugurada a mostra A Polbeira, que mostra o proceso creativo da estatua da praza da Mosqueira