A Tenencia de Alcaldía iniciará a finais de mes a renovación de Aquilino Iglesias Alvariño
O Tentente Alcalde explicou que "con esta actación damos continuidade aos traballos de Lamas de Prado, renovando a quinta rúa con máis poboación de Lugo"
Arroxo: "continuaremos coa instalación de luminarias LED, avanzando na renovación da rede de alumeado público de Lugo"
Lugo, 28 de decembro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anucniou que o Goberno de Lugo vén de aprobar a renovación da rúa Aquilino Iglesias Alvariño, na contorna de Lamas de Prado. Arroxo explicou que "continuamos coa renovación integral da contorna de Lamas de Prado, que comezou coa renovación da rúa principal, e que continuará coa mellora da quinta rúa de Lugo máis poboada", e anunciou que a Tenencia de Alcaldía iniciará a finais deste mes os traballos na zona.
A renovación desta rúa incluirá a mellora das actuais zonas peonís, con novo mobiliario urbano e ampliando o número de árbores instaladas nesta rúa. Os pasos de peóns elevaranse, "avanzando tamén no calmado do tráfico en toda a cidade, unha das solicitudes que cada vez realizan máis veciñas e veciños de Lugo", explicou o Tenente Alcalde.
O alumeado público da rúa renovarase, avanzando na implantación de luminarias LED de baixo consumo, e engadindo novos puntos de luz nas beirarrúas e na zona de xogos que actualmente non contan con alumeado, "eliminando as zonas escuras da rúa", afirmou Arroxo.
O Tenente Alcalde afirmou que "desde o Goberno de Lugo seguimos actuando nunha zona da cidade que require de moitas melloras no espazo público". Unha vez os traballos den comezo, a empresa axudicataria terá un prazo de 6 meses para completar a renovación da rúa.