“As áreas do BNG levan meses atendendo á veciñanza que se achega sen cita previa”, explicou Cristina López

A edil de Participación explicou que “o servizo garda ocos durante todo o horario de atención para atender ás persoas que acoden sen cita previa”

“a cita permite organizar mellor a atención á veciñanza, garantimos a atención a calquera hora”, explicou Cristina López

“As áreas do BNG levan meses atendendo á veciñanza que se achega sen cita previa”, explicou Cristina López

Lugo, 08 de febreiro de 2023. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, afirmou que “as áreas do BNG levan meses atendendo a toda a veciñanza que se achega ao concello, tamén se non contan con cita previa”. “Para garantir a atención, os servizos gardan ocos libres en cada hora para garantir a atención das persoas que veñen ata o Concello”, declarou a concelleira de Participación, que engadiu “así, garántese que calquera persoa poida acudir ás oficinas de atención entre as 8 e as 14 horas, no horario que mellor lle vaia segundo as súas circunstancias persoais”.

“A veciñanza pode solicitar cita previa para a atención presencial, garantindo que será atendida a unha hora concreta sen ter que esperar nas oficinas de atención, ou presentarse no Concello”, e engadiu “as persoas que se achegan ás oficinas sen solicitar cita previa son atendidas no primeiro oco dispoñible no servizo”.

O sistema de cita previa está dispoñible para os servizos de Cemiterio, Estatística, Información ao Consumidor, Rexistro e Tarxeta Cidadá. Para solicitar a cita, deberase iniciar o procedemento a través do formulario habilitado na web concellodelugo.gal, seleccionando o servizo ao que se dirixe e o tipo de trámite a realizar, e escoller a data e hora desexada para presentarse no Concello. Despois deberanse cubrir os datos persoais da solicitante, incluíndo un teléfono de contacto e un correo electrónico, medios aos que chegará unha mensaxe confirmando a reserva da cita.

A través do mesmo trámite da web do Concello, pode eliminarse unha cita solicitada previamente, liberando a hora para que outra persoa poida asistir a realizar un trámite nese momento. Cristina López afirmou que "queremos facilitar á veciñanza o acceso aos trámites presenciais no concello, garantindo que todas as persoas poidan ser atendidas de maneira fluída e sen retrasos".

 

“As áreas do BNG levan meses atendendo á veciñanza que se achega sen cita previa”, explicou Cristina López