O ALCALDE EN FUNCIÓNS LEMBROU QUE TODOS OS CONCELLEIROS TEÑEN ACCESO Á CONTABILIDADE DO CONCELLO "OS SERVIZOS MUNICIPAIS POÑEN A DISPOSICIÓN DE TODA A CORPORACIÓN A DOCUMENTACIÓN NECESARIA, MAIS NON É O SEU TRABALLO REALIZAR INFORMES SOBRE ESTA CUESTIÓN"

Arroxo: "O PP usa a crispación e a mentira para abandonar a comisión de festas todos os anos"


O alcalde en funcións lembrou que todos os concelleiros teñen acceso á contabilidade do Concello "os servizos municipais poñen a disposición de toda a corporación a documentación necesaria, mais non é o seu traballo realizar informes sobre esta cuestión"

O Goberno de Lugo responde á única petición de acceso á información do San Froilán 2023, rexistrada polo PP o 28 de xuño

Arroxo: "O PP usa a crispación e a mentira para abandonar a comisión de festas todos os anos"



Lugo, 06 de agosto de 2024. O Alcalde en Funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, asinou hoxe un informe en resposta á única solicitude do Grupo Municipal do PP solicitando acceso á contabilidade do San Froilán. Arroxo afirmou que o PP "leva anos deixando a comisión de festas buscando escusas, esta vez, por unha documentación que segundo eles solicitaron ata en 5 ocasións, mais da que só consta unha única solicitude o pasado 28 de xuño".

As e os concelleiros do Partido Popular teñen acceso á contabilidade do Concello de Lugo, "máis isto non quere dicir que os servizos municipais teñan que elaborar informes ou traballos ad hoc". O San Froilán non conta cunha contabilidade específica, máis aló dos datos elaborados polo persoal municipal involucrado nas distintas actividades das festas, polo que a negativa á elaboración dun informe específico sobre esta materia non impide ás concelleiras e concelleiros do PP acceder á información legalmente recoñecido.

O Tenente Alcalde afirmou que "mentres que o PP continúa a buscar escusas, a área de Cultura continuará a organizar unhas festas para todas e todos os lucenses, con actividades diversas que garantirán que todo o mundo poida desfrutar do programa". Arroxo lembrou que "as festas de San Froilán son cada ano un éxito que se demostra vendo as rúas de Lugo cheas, e neste 2024 repetiremos o un ano máis como a gran festa do outono galego".

Arroxo: "O PP usa a crispación e a mentira para abandonar a comisión de festas todos os anos"