ESTE SENDEIRO HISTÓRICO PODERÍA FORMAR PARTE DA DA ANTIGA VÍA REXIA QUE UNÍA LUGO COA VILA DE MEIRA E ABRES, EXISTEN SOLICITUDES PARA QUE ESTA VÍA SEXA RECOÑECIDA COMO RUTA XACOBEA OFICIAL
Arroxo visitou o tramo, recen rozado, do río Fervedoira e pedirá que se despexe o paso no camiño histórico
Grazas ás iniciativas do BNG e ás peticións veciñais fíxose unha limpeza do río e o desbroce da zona, “agora habería que retirar pedras e paos que cortan o paso” dixo o voceiro do BNG
Lugo, 24 de marzo 2019. O voceiro do BNG e candidato á alcaldcía, Rubén Arroxo, visitou un tramo do camiño que percorre paralelo ao río Fervedoira, nas inmediacións da urbanización de Castro Gil, para reclamar que se despexe o paso neste sendeiro. Arroxo sinalou que “grazas ás iniciativas do BNG e ás peticións veciñais fíxose unha limpeza do río e o desbroce da zona, agora habería que retirar pedras e paos que cortan o paso para que o camiño poida ser utilizado” dixo o voceiro do BNG.
Arroxo lembrou os acordos plenarios, como o de novembro de 2017 na Deputación, no que se sinalaba “a necesidade de rematar a senda que vai a carón do río Fervedoira e que serviría para achegar, á cidade, as zonas residenciais situadas preto da Campiña a través dunha vía peonil”. Despois de que a Confederación Hidrográfica fixera os traballos de roza e corta de árbores no cauce do río, Arroxo apuntou que “é necesario actuar en determinados puntos no que o paso está cortado por pedras de gran tamaño e troncos de árbores que non foron retirados”.
Coa apertura desta senda tamén se melloraría o entorno e a calidade de vida de veciñas e veciños. Esta senda estaría enlazada co paseo do Rato e xa estaba previsto nun proxecto da Deputación a execución desta obra que quedou paralizada fai moitos anos. Dende o BNG entendemos que é o momento de retomar este tipo de proxectos que, ademais de mellorar o entorno da Fervedoira, contribúen a incrementar a lonxitude do cinto verde da cidade.
Dende o BNG sinalouse que o camiño que vai paralelo ao río Fervedoira podería tratarse da antiga Vía Rexia que unía Lugo coa vila de Meira e Abres. Segundo informou o voceiro do BNG existen documentos do século XIII que recolle o trazado deste camiño como a Vía Rexía do Norte que tamén aparece citada na idade media como camiño real de Meira ou de Abres. Neste momento existen solicitudes para que esta vía sexa recoñecida como ruta xacobea oficial.