O TENENTE ALCALDE DO CONCELLO DE LUGO AFIRMOU QUE "O SAN FROILÁN LEVA CENTOS DE ANOS CELEBRÁNDOSE O 5 DE OUTUBRO DESDE O ANO 1754, A XUNTA XA DEBERÍA SABER CANDO SON AS DATAS DAS FESTAS"

Arroxo: "A Xunta inventa escusas para non apoiar o San Froilán"



O Tenente Alcalde do Concello de Lugo afirmou que "o San Froilán leva centos de anos celebrándose o 5 de outubro desde o ano 1754, a Xunta xa debería saber cando son as datas das festas"

Rubén Arroxo agradeceu a implicación "dun importante número de empresas que colaboran co San Froilán como patrocinadores privados"

Arroxo: "A Xunta inventa escusas para non apoiar o San Froilán"



Lugo, 26 de setembro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou á entrada do pleno municipal de setembro que a Xunta de Galiza "non deixa de poñer escusas para ocultar o seu nulo apoio á gran festa do outono galego, o San Froilán". Arroxo ironizou coas últimas declaracións do Delegado da Xunta en Lugo, que saen recollidas hoxe na prensa, onde afirma que o Concello non solicitou apoio para as festas deste ano. "Esta afirmación non se sostén, a Xunta colabora con 25.000€ ao San Froilán a través dun convenio asinado coa Axencia Galega de Turismo", afirmou Rubén Arroxo, que engadiu "o Delegado da Xunta sigue a contar mentiras para ocultar a realidade, que é que a Xunta non quere apoiar a Lugo nin ao San Froilán".

A Xunta de Galiza mantivo ao longo dos últimos anos unha colaboración ínfima nas festas do San Froilán, cunha contía de 25.000€ "unha cantidade irrisoria para as festas máis importantes de Lugo", afirmou Rubén Arroxo. O Tenente Alcalde comparou esta colaboración co que a Xunta aporta ao Son do Camiño, "festival organizado por unha empresa privada que leva 2.904.000€ da Xunta de Galiza", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "a Xunta da para o San Froilán exactamente o 0,86% da aportación deste festival".

Arroxo agradeceu ás empresas privadas que deciden facer aportacións para o San Froilán. "Cada ano van crecendo os patrocinadores dunhas festas que non deixan de medrar", destacou o Tenente Alcalde, que engadiu "a Xunta debería deixar de poñer escusas e apoiar de verdade o San Froilán, que leva celebrándose o 5 de outubro desde o 1754". 

Arroxo: "A Xunta inventa escusas para non apoiar o San Froilán"