A CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN DESTACOU QUE COAS NOVAS ACTIVIDADES "CONTINUAMOS A PROMOCIONAR E DINAMIZAR A PRAZA E O MERCADO"
Cristina López anuncia a volta dos obradoiros infantÃs do Mercado Municipal
A concelleira de Participación destacou que coas novas actividades "continuamos a promocionar e dinamizar a Praza e o Mercado"
As actividades terán lugar entre as 11:00 e as 14:00 nas mañás dos sábados entre o 28 de setembro e o 26 de xullo de 2025
Lugo, 27 de setembro de 2024. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou un novo ciclo de actividades para nenas e nenos no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros. A concelleira de Participación explicou que "seguimos a traballar na promoción da Praza e do Mercado, con actividades diversas que acheguen estas instalacións á veciñanza".
As novas actividades infantÃs terán lugar nas mañás dos sábados, co obxectivo de "facilitar que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as familias realizan as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal". As actividades, que foron un éxito de asistencia antes do verán, con máis de 600 nenas e nenos ao longo do ano 2024, continuarán nas mañás dos sábados, entre as 11 e as 14 horas, desde o 28 de setembro ata o 26 de xullo de 2024. As actividades consisten en obradoiros de reciclaxe, creatividade e cociña, adaptadas ás idades das nenas e nenos presentes.
A concelleira de Participación afirmou que "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións". Cristina López animou á veciñanza a "realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".