FERREIRO LEMBROU A IMPORTANCIA QUE AS BARRACAS TEÑEN DENTRO DA GRAN FESTA DO OUTONO GALEGO "QUE VOLVE ENTRE O 4 E O 12 DE OUTUBRO PARA ENCHER AS RÚAS DE LUGO CON CENTOS DE ACTIVIDADES"
O Recinto Feiral do San Froilán, listo para abrir
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visistaron, xunto cos comisarios do Recinto Feiral do San Froilán, a montaxe dos postos
Ferreiro lembrou a importancia que as barracas teñen dentro da gran festa do outono galego "que volve entre o 4 e o 12 de outubro para encher as rúas de Lugo con centos de actividades"
Lugo, 28 de setembro de 2024. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitaron o Recinto Feiral do San Froilán acompañados dos comisarios responsable para coñecer o estado no que se atopa a instalación dos distintos postos e atraccións. A montaxe realizouse ao longo da última semana de setembro e os feirantes poderán abrir ata o día 12 de outubro. En total, son 178 postos, entre stands de venta, atraccións e carruseis.
A edil de Cultura destacou o papel dos comisarios do Recinto Feiral das Festas, "garantindo que todos os postos funcionen de xeito correcto e que se garanta a seguridade das distintas atraccións e carruseis". A concelleira de Cultura afirmou que "a veciñanza pode acudir ao recinto feiral coa confianza de que os distintos servizos municipais traballaron para que todo esté listo e a veciñanza, especialmente as nenas e nenos, poidan desfrutar desta parte das festas".
Dende o recinto, Ferreiro lembrou a importancia que as barracas teñen dentro desta "gran festa do outono galego que volve entre o 4 e o 12 de outubro para encher as rúas de Lugo con preto de 200 actividades distintas, máis da metade delas musicais, dando lugar a un programa de festas no que todas as veciñas e veciños de Lugo e persoas visitantes atoparán unha actividade do seu gusto".