Avanzan os traballos de mellora da seguridade viaria no polígono das Gándaras

Rubén Arroxo: "a rúa D gañou un novo carril en cada sentido, o que aumenta a seguridade da vía e a fluidez do tráfico con respecto ao modelo anterior"

Comezaron os traballos de asfaltado dos novos carrís que se poderán desfrutar en poucas semanas

 

Avanzan os traballos de mellora da seguridade viaria no polígono das Gándaras

Lugo, 09 de novembro de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou do avance dos traballos que se están a levar na rúa D do polígono das Gándaras, destinados a aumentar a seguridade viaria e a maniobrabilidade na zona. Rubén Arroxo anunciou que “hoxe comezou o asfaltado do novo vial e en poucas semanas poderemos desfrutar desta actuación totalmente rematada”.

 

Os traballos consistiron en reducir o tamaño da mediana desta rúa D, pasando dos 11 metros actuais a 5. Con isto permitiuse habilitar un novo carril de circulación de 3 metros de ancho en cada un dos sentidos. Rubén Arroxo explicou que "isto permitirá, unha vez o novo carril entre en funcionamento,  mellor a fluidez do tráfico e máis maniobrabilidade dos vehículos industriais, o que en conxunto producirá un aumento da seguridade vial na contorna".

 

"Trátase dunha mellora importante para o polígono das gándaras, que a curto prazo atenderá unha maior demanda das empresas que xa están asentadas e que ata agora tiñan problemas ao acceder ou saír das naves debido á lonxitude dos camións e ao espazo da vía", afirmou Rubén Arroxo. Segundo o Tenente Alcalde "a apertura da segunda fase do polígono fará que esta vía pase a acoller unha maior cantidade de tráfico, e desde a área de Mobilidade adiantámonos a esta situación habilitando unha vía de tamaño suficiente que garanta que a circulación sexa fluída".

Avanzan os traballos de mellora da seguridade viaria no polígono das Gándaras