A área de Cultura resolve os concursos de disfraces e escaparates do Samaín
Maite Ferreiro: "repetimos os concursos que foron un éxito o ano pasado"
En total, a área de Cultura reparte 2.400€ en premios
Lugo, 09 de novembro de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou os gañadores dos concursos de disfraces e escaparates organizados co gallo do Samaín, "dúas citas que este ano repetiron o éxito do ano pasado e que permiten promocionar os disitintos comercios da cidade", explicou Maite Ferreiro.
A área de Cultura repartiu en total 2.400€ en premios aos comercios participantes, e as persoas participantes no concurso de disfraces recibirán distintos paquetes de material editado pola área de Cultura.
Os establecementos participantes no concurso de escaparates tiveron que decorar os seus escaparates coa temática do Samaín. O xurado designado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua estivo composto por persoal técnico da área O xurado valorou a composición estética, orixinalidade e adecuación á temática.
Os tres primeiros premios foron para a Vinissi distribución, Pauxi Pauxi, e Ferretería Veiga. Ademais, entregouse un accésit á Libraría Soños de Papel.
No concurso de disfraces, as persoas participantes debían fotografarse cos seus