Comeza a montaxe da exposición Percorrer o Tempo na praza Horta do Seminario
A exposición camiño desde o punto de vista de distintos artistas visuais
Percorrer o Tempo está organizada pola fundación bancaria La Caixa e a Xunta de Galiza, enmarcada na programación do Xacobeo
Lugo, 08 de novembro de 2021. Hoxe comezou a montaxe da exposición Percorrer o Tempo na praza Horta do Seminario. A mostra amosa o Camiño de Santiago baixo a mirada de distintos artistas visuais, e está organizada pola Xunta de Galiza e a fundación bancaria La Caixa, dentro das actividades enmarcadas na programación do Xacobeo, e conta coa colaboración da área de Cultura.
A mostra chega a Lugo tras o seu paso pola cidade da Coruña, onde permanecerá ata novembro. Abrirá o vindeiro 8 de novembro e permanecerá na praza Horta do Seminario ata o 2 de xaneiro de 2022. A itinerancia continuará ata xullo de 2022, pasando por Ourense, Vigo e Compostela.
O traballo fotográfico e audiovisual exponse en 6 grandes contedores de barco habilitados como salas de proxección, onde poden contemplarse secuencias de imaxes, curtametraxes ou formatos híbridos de fotografía e vídeo. A viaxe entre os diferentes contedores e contidos é un reflexo da propia viaxe dos autores para realizar os seus proxectos, así como o transitar propio do Camiño.