Avanzan os traballos de reurbanización da rúa Bal y Gay
O Goberno de Lugo inviste 181.094€ nesta actuación, “que estará rematada en poucas semanas”
Arroxo: “seguimos avanzando na renovación dos espazos urbanos de Lugo gañando espazos peonís e mellorando a accesibilidade da zona”
Lugo, 26 de novembro de 2022. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron a rúa Bal y Gay, onde veñen continúa a avanzar a obra de reurbanización executada polo goberno de Lugo. “Trátase dunha rúa que contaba cunha pavimentación de formigón moi desgastada, e con beirarrúas insuficientes, que non garantía a accesibilidade”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “nas vindeiras semanas rematarán os traballos, dando un paso máis na mellora dos espazos públicos de Lugo, gañando zonas para o desfrute das persoas e mellorando a accesibilidade”.
Os traballos executados pola concellería de Infraestruturas consistiron na pavimentación da rúa, instalando unha nova capa de rodadura baseada en mestura bituminosa en quente, e garantindo tanto o espazo peonil como o espazo de estacionamento. A nova distribución da rúa fórmase cun carril de circulación, un carril de estacionamento e unha beirarrúa ampla. Para garantir a seguridade das zonas peonil, separouse da calzada habilitando unha nova franxa axardinada.
O Goberno de Lugo renovou tamén a canalización de alumeado e a rede de alumeado da zona, instalando novas luminarias LED, o que permitirá avanzar na renovación da rede de alumeado público da cidade con perspectiva de xénero e reducindo o consumo total da rede. A actuación foi adxudicada a Ovisa, e suporá un investimento de 181.094,65€.