Alexandre Penas anuncia a renovación do espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde
Penas: “o pavimento actual está moi desgastado e cambiarase por formigón impreso, que garantirá a accesibilidade peonil”
O adoquín actual será reutilizado pola Brigada de Obras, “para futuras reparacións na cidade”
Lugo, 27 de novembro de 2022. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo renovará ó espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde. Penas explicou que “este treito sufre un amplo desgaste, o que impide a boa mobilidade e accesibilidade”.
O concelleiro de Infraestruturas explicou que o actual adoquín será substituído por formigón impreso, “mantendo a estética da contorna cun pavimento que non sufrirá tanto desgaste”. Penas anunciou que o adoquín actual será reutilizado pola Brigada Municipal de Vías e Obras “para realizar reparacións na cidade”.
Xunto coa renovación do pavimento, o goberno de Lugo renovará unha canalización de alumeado público e as rexas situadas ao pé das escaleiras.