Rubén Arroxo anuncia a instalación de catro novas marquesinas para o bus urbano

Arroxo: “continuamos a mellorar o servizo de transporte público atendendo a solicitudes da veciñanza”

 O Goberno de Lugo adquiriu novas marquesinas para a cidade, cun investimento de 6.540,98€

Rubén Arroxo anuncia a instalación de catro novas marquesinas para o bus urbano

Lugo, 27 de novembro de 2022. O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo vén de adquirir novas marquesinas para o bus urbano. Arroxo explicou que “continuamos a mellorar o servizo de transporte público, atendendo ás solicitudes que nos chegaron por parte da veciñanza reclamando novas marquesinas en distintas zonas da cidade”.

 
O Goberno de Lugo adquiriu 4 novas marquesinas, que supuxeron un investimento de 6.540,98€. As novas marquesinas instalaranse nas paradas situadas nas rúas Industria e A, nos polígonos do Ceao e das Gándaras, ademais de instalarse tamén en Xosé Castiñeira, fronte ao conservatorio e na estrada nova de Santiago.
 
“Continuamos a traballar na mellora e ampliación do mobiliario urbano, escoitando as solicitudes da veciñanza e traballando para mellorar a imaxe da cidade”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “continuamos avanzando de cara a unha mobilidade máis ecolóxica na que a xente aposte polo transporte urbano no canto de usar o vehículo privado”.
Rubén Arroxo anuncia a instalación de catro novas marquesinas para o bus urbano