MAITE FERREIRO DIXO “RECURRIR A ORDEN DO MINISTERIAL SOMENTES CONDUCIRÍA A INCREMENTAR OS GASTOS E A MANTER NO RÍO UN MONTÓN DE PEDRAS QUE NUNCA DEBERON ESTAR AHÍ”
O BNG – AA apoia a resolución do Ministerio, a retirada do dique e pide que o concello non presente recurso
Para o BNG-AA “o Ministerio de Medio Ambiente ven dar a razón á Plataforma Lugo Cara ao Miño e ás persoas e colectivos que se mobilizaron en defensa do Miño”
Lugo, 7 de outubro, 2016. O BNG rexeita que o concello presente un recurso contra a orde de retirada do dique do Miño. A Concelleira Maite Ferreiro, afirmou que “o dique foi construido de xeito irregular” e sinalou que o concello terá que artellar o mecanismo preciso para que sexa a empresa adxudicataria da fábrica da Luz quen asuma os custos da retirada e asuma a sanción imposta polo Ministerio que ascende a máis de 216.000 euros. A edil nacionalista explicou que “recurrir a orden do Ministerio de Medioambiente somentes conduciría a incrementar os gastos e a manter no río un montón de pedras que nunca deberon estar ahí”.
Tal e como aparece ordenado na Resolución do Ministerio de Medio Ambiente, a edil do BNG sinalou que “concello terá que executar a retirada do dique nun prazo máximo de 15 días neste período de estiaxe no que se atopa o cauce fluvial”. Ferreiro dixo que “o goberno ten que activar a execución da obra e non tentar manobras burocráticas para dilatar esta actuación que, en xustiza, debe ser efectivizada o antes posible”. A edil do BNG informou de que o concello ten coñecemento desta resolución dende o día 30 do pasado mes de setembro “e entendemos que o goberno xa estará activando os mecanismos para executar a obra de retirada do dique”.
Para o BNG-AA “o Ministerio de Medio Ambiente ven a dar a razón á Plataforma Lugo Cara ao Miño e ás persoas e colectivos que se mobilizaron en defensa do Miño”. A edil do BNG-AA lembrou que no último pleno da corporación do concello de Lugo “foi aprobada unha iniciativa conxunta na que se pedía a retirada deste dique ilegal” e engadiu “agora vemos como o Ministerio de Medio Ambiente ven darnos a razón aos grupos que presentamos a iniciativa, á Plataforma Lugo Cara ao Miño e ás persoas e colectivos que se mobilizaron en defensa do Miño”.
Maite Ferreiro explicou que “se o concello presenta recurso esto suporá un consumo de recursos municipais que non irá cara ningún sitio por que a resolución do Ministerio está plenamente fundamentada” e finalizou “o goberno municipal terá que empregar todos esforzos e recursos en conseguir que sexa a empresa adxudicataria da Fábrica da Luz a que se faga cargo da sanción imposta e dos gastos de retirada do material inerte co que foi construído o dique ilegal”.